3.5 KiB
Axuda da configuración
Configurar FairEmail é sinxelo. Precisará polo menos unha conta para recibir correo e polo menos unha identidade se quere enviar correo. A configuración rápida engadirá unha conta e identidade dunha soa vez para a maioría dos provedores.
Requisitos
Requírese unha conexión a internet para configurar as contas e identidades.
Configuración rápida
Simplemente seleccione o provedor axeitado ou Outro provedor e insira o seu nome, enderezo electrónico e contrasinal, e logo toque Comprobar.
Isto funcionará ca maioría dos provedores.
Se a configuración rápida non funciona, terá que configurar a conta e a identidade de outro modo, vexa máis adiante as instrucións.
Crear unha conta - para recibir correo
Para engadir unha conta, toque Configuración manual e máis opcións, toque Contas e logo toque o botón '+' ao fondo, e seleccione IMAP (ou POP3). Seleccione un provedor da lista, escriba o nome de usuario, que moitas veces será o seu enderezo de correo, e logo escriba o seu contrasinal. Toque en Comprobar para que FairEmail conecte ao servidor de correo e colla a lista de cartafoles de sistema. Despois de revisar a selección de cartafoles de sistema, pode engadir a conta tocando Gardar.
Se ou seu provedor non está na lista de provedores, porque hai milleiros deles, seleccione Personalizado. Escriba o nome do dominio, por exemplo gmail.com e toque en Obter configuración. Se o seu servidor ten auto-descubrimento, FairEmail encherá o nome do servidor e o porto, de non ser así, lea as instrucións do seu provedor para o nome axeitado de IMAP, o seu porto e o protocolo (SSL/TLS ou STARTTLS). Para máis información, vexa aquí.
Crear unha identidade - para enviar correo
Da mesma maneira, para engadir unha identidade, toque Configuración manual e máis opcións, toque Identidades e logo toque o botón '+' no fondo. Escriba o nome que quere que apareza no remitente dos correos que envíe e seleccione a conta relacionada. Toque Gardar para engadir a identidade.
Se a conta foi configurada manualmente, é probable que teña que configurar tamén a identidade de xeito manual. Escriba o nome do dominio, por exemplo gmail.com e toque en Obter configuración. Se o seu servidor ten auto-descubrimento, FairEmail encherá o nome do servidor e o porto, de non ser así, lea as instrucións do seu provedor para o nome axeitado de SMTP, o seu porto e o protocolo (SSL/TLS ou STARTTLS).
Vexa esta pregunta frecuente sobre o uso de alcumes.
Conceder permisos - para acceder á información dos contactos
Se quere buscar enderezos de correo, que se mostren as fotos dos contactos, etc, precisará conceder o permiso para ler os contactos a FairEmail. Simplemente toque Conceder e seleccione Permitir.
Configuración de optimizacións da batería - para recibir correos de maneira continua
Nas versións recentes de Android, Android pon a durmir ás aplicacións cando a pantalla leva apagada un tempo para reducir o consumo de batería. Se quere recibir as mensaxes sen retardos, pode desactivar as optimizacións da batería para FairEmail. Toque Arranxar e siga as instrucións.
Preguntas ou problemas
Se ten algunha dúbida ou problema, vaia aquí para atopar axuda.